21/11/13

Samaín 2013

O pasado día 30 celebramos unha pequena festa no colexio, con motivo do día do Samaín. Para elo, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria prepararon a obra "A lenda de Jack O´Lantern". Ao acabar poidemos saborear un estupendo chocolate con churros por conta do Colexio e da ANPA.
(Pincha na esquina inferior dereita para ver esta presentación a pantalla completa)

13/6/13

A volta ao mundo en 80 días

Como sabedes, o luns desta semana tivemos unha xornada especial en torno á "volta ao mundo en 80 días", na que tódolos nenos e nenas de Primaria foron pasando por diferentes países, emulando a viaxe de Phileas Fogg na obra de Julio Verne. Para esta actividade, creamos un blog no que expoñer os lims elaborados polos alumnos/as de 5º e 6º e tamén imaxes da ambientación do colexio sobre este tema, etc. Este é o enlace ao blog VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS:





14/5/13

Letras Galegas 2013

Nestes días estamos a traballar en torno á figura do dramaturgo ROBERTO VIDAL BOLAÑO, a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas.

Por este motivo, poñémosvos aquí un enlace no que atoparedes moitos materiais como vídeos, materiais fotocopiables, lims, presentacións en power point sobre a súa vida e obra, etc. Os autores son o grupo de traballo deo CEIP "ADR Castelao" de Rianxo. (Pincha na imaxe inferior)

Tamén a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recolleu un montón de traballos realizados en centros educativos de toda Galicia, aos que podedes acceder desde o seguinte link: (pincha na imaxe)



26/4/13

Actividades no Día do Libro

Con motivo do DÍA DO LIBRO, este martes tivemos unha xornada moi especial. Dado que na biblioteca estamos a voltas co PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre a auga e que estamos no Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, organizouse unha actividade de experimentos coa auga, que correu a cargo dos nenos e nenas de 3º e 4º curso. Tamén fixemos marcapáxinas, vimos a película "La vuelta al mundo en 80 días", etc. Estas son algunhas imaxes das actividades:

Aquí tedes tamén un  lim sobre o Día do Libro: