3/11/11

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas Escolares -que se celebra sempre o cuarto luns de outubro- para facer un acto de inauguración da biblioteca para o curso escolar.
Por tal motivo os alumnos/as de 6º ofrecéronnos unhas "Instruccións para ler un libro" e prepararon tamén unha obra de teatro titulada "Asemblea na carpintería" para que a poideramos disfrutar todos e todas. Aquí tedes algunhas fotos:

10/6/11

Francisco Castro no colexio


¡Por fin! Hoxe tivemos a visita de Francisco Castro que, como sabedes, é o autor de "Chamádeme Simbad", entre outros. Pasamos con el un rato xenial no que nos contou moitas cousas sobre a súa vida, sobre como xurdiron os seus libros, as súas aficións, etc. Trala charla con el, fixémoslle unha serie de agasallos que esperamos lle gustaran: debuxos en relación á súa obra, unha presentación sobre el mesmo, cantigas a cargo do profe Fran, etc.

26/5/11

Contacontos de Sabela Gago

Hoxe tivemos unha sesión de contos maravillosa. De novo estivo con nós Sabela Gago, que veu a contarnos eses contos cos que consigue meternos totalmente no mundo da imaxinación e a fantasía. Como sempre, fíxonos participar a todos facendo xestos, sons, interpretando, ... ¡Que ben o pasamos!

20/5/11

Semana das Letras Galegas

O pasado martes 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano está dedicado a Lois Pereiro. Por este motivo, e aproveitando tamén que estamos no Ano Internacional dos Bosques, quixemos facer unha semana especial en torno aos dous temas. Así, ao longo da semana seguimos preparando murais e outros materiais que xa se comezaran anteriormente e o mércores e xoves dedicámolos integramente a talleres. Nestes talleres aprendimos moitas cousas: o que é a fotosíntexe, a importancia dos bosques, as árbores autóctonas, a vida e obra de Lois Pereiro, etc. Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos:

Taller de Lois Pereiro


Murais:vida e obra de Lois Pereiro



As árbores da nosa vida




Talleres da fotosíntexe, as árbores autóctonas e incendios, tala e desertización



A árbore dos desexos


Contacontos das árbores



Talleres de música e inglés

13/5/11

Para o Día das Letras Galegas

Nestas últimas semanas estamos a elaborar no colexio diferentes actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, das que xa vos iremos dando conta. De momento deixámosvos aquí uns enlaces para que vaiades coñecendo a súa biografía e facendo algunha actividade en torno á súa vida e obra.



Actividades Lois Pereiro

9/5/11

Elaborando o conto viaxeiro do bosque

Dado que o 2011 foi declarado Ano Internacional dos Bosques, nestas últimas semanas estase elaborando no colexio un conto no que participan as nenas e nenos do colexio, relacionado coa proteción do bosque. Cada clase engade un capítulo e os peques de Infantil fan a portada do conto e así vaise facendo pouco a pouco. Cando estea rematado xa o poremos aquí para que o poida ver todo o mundo. De momento avanzámosvos unhas imaxes da súa confeción.


Ademais, deixámosvos aquí un video sobre o tema:

29/4/11

Mochilas viaxeiras


Desde hai algunhas semanas, os nenos e nenas do cole están a levar para casa as chamadas "mochilas viaxeiras", e por iso queremos tamén facer referencia aquí no blog.
Esta actividade, promovida pola Biblioteca do cole, pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica e novidosa: sacar a Biblioteca fóra do Centro e levala ata os fogares.
Puxemos as nosas mellores intencións na selección dos libros, dvds, cómics, etc., que van dentro da mochila e lévanse para casa o venres, téndose que devolver o xoves seguinte para que sigan "viaxando" por outras familias.
Acompañan a estes materiais unha carta dirixida ás familias convidándoas a participar na actividade, o caderno viaxeiro cunha nota explicativa da súa finalidade, un díptico coas instruccións de uso da mochila e un listado dos materiais incluidos.
Pedimos a importantísima colaboración da familia nesta actividade: contándolles os contos ós máis pequenos,axudándolles no seu correcto coidado e manipulación, escoitando as músicas ou vendo os vídeos con eles e devolvéndoas na data indicada na propia mochila .

26/4/11

23 de abril, Día do Libro



Leer…


Es viajar, y no en avión,

coche, barco, tren ni moto,

a cualquier lugar remoto,

sin moverte del sillón.


Navegar por el Mar Muerto.

Escalar el Himalaya

o una pirámide maya.

Ir en camello al desierto.

***

Es trasladarte al futuro

o pasear de la mano

por el pasado lejano,

sin necesitar conjuro.



Subir a un mamut lanudo.

Ver a Cleopatra en su trono.

−¡Cómo se da pisto y tono!−.

Visitar Marte a menudo.

***

Escuchar con atención

esas historias aladas

que, con palabras calladas,

vuelan hasta el corazón.



Conversar con Gloria un rato

del camello de Melchor,

de un pulpo enfermo de amor

o del pato Chundarato.

***

Es refugio y es consuelo,

como el cálido achuchón

que, con sabor a canción,

te da una nube del cielo.



El hado Chisgarabís

ayuda con su varita

a aquel que lo necesita

si el mundo se vuelve gris.

***


La lectura es compañera,

esa amiga singular

con la que puedes contar,

hogar que acoge y espera.

(Carmen Gil)

Como xa saberás, o sábado 23 de abril celebrouse o DÍA MUNDIAL DO LIBRO DE DOS DEREITOS DE AUTOR. Aínda que estabamos de vacacións, gustaríanos que esta data non pasara desapercibida. Apuntámosvos aquí algunhas actividades que podedes facer para comemorar dita data:
Marcapáxinas e outras cousas

14/4/11

Premios do Concurso de Investigación e aplazamento da visita de Francisco Castro

Por si alguén non se enterou, dicirvos que a visita de Francisco Castro quedou aplazada para a semana das Letras Galegas, máis exactamente para o venres 20 de maio.
Iso non quita que hoxe, como quedaramos, se entregaran os premios do Concurso de Investigación.
Noraboa a tódolos premiados, que foron os seguintes:

Sara G., Iria, Alba R. e Ana, de 5ºnivel
Alex L., de 6º nivel.

A verdade é que despois do que traballaron durante estes meses teñen máis que merecido ese premio xunto co aplauso de todos/as.

Poñémosvos aquí unha pequena mostra do traballo que fixeron estes intrépidos investigadores, concretamente os jabberwocky da última proba:

7/4/11

Visita de Francisco Castro


O xoves, día 14 de abril, visítanos Francisco Castro, autor, entre outros libros, de “Chamádeme Simbad”, “Un bosque cheo de faias”, “O ceo dos afogados”, (estes tres libros gañaron o Premio Frei Martín Sarmiento en tres edición diferentes), “As palabras da néboa”, “Spam”, etc.

Francisco Castro naceu en Vigo, hai uns aniños. É profesor de Filosofía, escritor e blogueiro, e colabora asiduamente con diversos medios de comunicación galegos, en temas sempre relacionados coa cultura.
Faremos con él diversas actividades, e seguro que o pasaremos moi ben.
Se queres saber máis cousas acerca de él, podes visitar o seu blogue “A canción do naúfrago” pinchando aquí.


Un dos últimos artigos que escribiu fala dun libro seu que lemos este ano no cole, “Chamádeme Simbad”. ¿Queres saber o que dí?

1/4/11

Sesión de contacontos para os nenos e nenas de 1º de Primaria


Onte, xoves 31, recibimos a visita de dúas contacontos, Néveda e Sandra, que viñeron enviadas pola editorial Kalandraka a contarnos uns contos maravillosos e incluso algo máxicos. Nos contos empregaron un acordeón e outros instrumentos de percusión para poñer melodías e efectos de son.

A visita estivo programada para as nenas e nenos de 1º de Primaria, que escoitaron as andanzas de María bailando entre as nubes, do gato Guille e os monstruos, do elefante Pancho, etc.

¡Foi unha sesión moi divertida!

31/3/11

Final do concurso de investigación de 5º e 6º nivel

Bueno, rapazas e rapaces, por fin chegamos á última fase do concurso. Deixámosvos aquí as instruccións. ¡Ánimo!, si resolvedes esta proba ides quedar polo menos á altura de Gerónimo Stilton...

Por certo, a entrega de premios farase o día 14 de abril, data na que nos visitará o autor Francisco Castro.

Nada máis, pincha no seguinte enlace, imprime as dúas páxinas e ... ¡a investigar!

INSTRUCCIÓNS DA PROBA FINAL

23/3/11

Conmemoracións do Día da Poesía e do Día da Árbore

O pasado luns, 21 de Marzo, foi un día especial dado que coincidiu a celebración do Día da Árbore e do Día da Poesía, ademais de dar comezo a primavera. Nestes últimos días andiveron as musas polas aulas do colexio inspirando aos nenos e nenas para compoñer fermosos poemas, ademais, os/as de 5ºB estiveron preparando unha obra de teatro titulada "Dende o corazón do bosque". O resultado destes preparativos vímolo hoxe pola maña no ximnasio-salón de actos, nun acto no que ademais se entregaron os premios do concurso de poesía.

25/2/11

Finalistas do concurso de investigación

Bueno, xa temos os finalistas do concurso: Iria V., Ana Manso, Alba R., Sara e Alex de Lorenzo.
Dentro de pouco imos dar comezo a última parte do concurso. Pero atención, ímosvos avisar soamente a través do blog, asi que ¡estade atentos/as!.

31/1/11

Que é para ti a Paz

O pasado venres e con motivo do Día da Paz houbo varias actividades no colexio, entre elas a presentación dun vídeo sobre o que significa a Paz para os nenos e nenas do cole e que podedes ver aquí:

20/1/11

Achégase o 30 de xaneiro: día da Paz

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, como tódolos anos desde 1964. Por elo, para aprender moitas cousas relacionadas con este día, aquí tedes unhas actividades baixo o título "Entre todos construímos a Paz". Pinchando no icono "pantalla" da esquina superior dereita podedes velo a pantalla completa.



Máis cousas: un conto entrañable para ese día (ou para calquera outro):"La ovejita que vino a cenar".



Uns xogos para os máis pequenos:


Máis materiais para traballar sobre a paz:

- Caderno Puca quere saber sobre a Paz, do blog da Biblioteca do CEIP de Cervo.
- Webquest Arte e Paz para 1º Ciclo ,2º Ciclo e 3º Ciclo do CEIP Terra Chá

Outros recursos que atopamos en "O recanto de Mik":

- Recursos para o Día da Paz.

13/1/11

Continúa o concurso de investigación para 5º e 6º de Primaria

A continuación tedes a presentación á que fai referencia o cuestionario que se vos entregou. As pinturas son de Vincent Van Gogh. Pero tamén é necesario saber que música é a que sona de fondo. ¿Seredes capaces de adiviñalo?