27/4/10

Contos do Camiño

Como sabedes, recentemente o Equipo de Normalización Lingüistica propuxo facer un conto viaxeiro, motivo polo que nestes últimos días estivemos preparando en tódalas aulas, incluso en E. Infantil, un gran conto (grande polo tamaño e polo interese e dedicación que puxéstedes nel) relacionado co Camiño de Santiago. Cada aula encargouse dun mes e os pequenos fixeron a portada e a contraportada. A verdade é que quedou precioso, ata o punto que decidimos facer unha exposición con el, con motivo tamén do Día do Libro.
Pincha na presentación para ver o conto.

23/4/10

23 de abril, Día do Libro


Chegou o Día do Libro e, naturalmente, preparamos unha serie de actividades para celebralo. Aquí tedes un resumo delas:

Pola mañá, na entrada ao colexio apareceron de súpeto unhas "Damas Misteriosas" que, movéndose polo patio, ían voceando unha serie de frases. As mesmas damas foron despois polas aulas repetindo as frases e anunciando unha actividade na biblioteca.
A media mañá puidemos asistir a unha nova representación de "Gaspar, o pastor de lebres".



Na biblioteca celebrouse un concurso para encontrar as frases das Damas Misteriosas, no que houbo moita algarabía e ilusión e abundantes premios.

22/4/10

Contacontos: Gaspar, o pastor de lebres


Xa chega o Día do Libro, o 23 de abril, como tódolos anos (unha data que algo ten que ver con Cervantes e Shakespeare, ... ¿sabedes o qué?). E por este motivo, hoxe pola tarde imos dedicarlle o contacontos a esta celebración. O conto leva por título "Gaspar, o pastor de lebres". Será ás 4,15 h. no ximnasio, como sempre.

E mañá, o propio Día do Libro, témosvos reservadas algunhas sorpresas. ¡Estade atentos!