Hoxe tivemos unha sesión de contos maravillosa. De novo estivo con nós Sabela Gago, que veu a contarnos eses contos cos que consigue meternos totalmente no mundo da imaxinación e a fantasía. Como sempre, fíxonos participar a todos facendo xestos, sons, interpretando, ... ¡Que ben o pasamos!
26/5/11
Contacontos de Sabela Gago
20/5/11
Semana das Letras Galegas
O pasado martes 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano está dedicado a Lois Pereiro. Por este motivo, e aproveitando tamén que estamos no Ano Internacional dos Bosques, quixemos facer unha semana especial en torno aos dous temas. Así, ao longo da semana seguimos preparando murais e outros materiais que xa se comezaran anteriormente e o mércores e xoves dedicámolos integramente a talleres. Nestes talleres aprendimos moitas cousas: o que é a fotosíntexe, a importancia dos bosques, as árbores autóctonas, a vida e obra de Lois Pereiro, etc. Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos:
Taller de Lois Pereiro
Murais:vida e obra de Lois Pereiro
As árbores da nosa vida
Talleres da fotosíntexe, as árbores autóctonas e incendios, tala e desertización
A árbore dos desexos
Contacontos das árbores
Talleres de música e inglés
13/5/11
Para o Día das Letras Galegas
Nestas últimas semanas estamos a elaborar no colexio diferentes actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, das que xa vos iremos dando conta. De momento deixámosvos aquí uns enlaces para que vaiades coñecendo a súa biografía e facendo algunha actividade en torno á súa vida e obra.
Actividades Lois Pereiro
9/5/11
Elaborando o conto viaxeiro do bosque
Dado que o 2011 foi declarado Ano Internacional dos Bosques, nestas últimas semanas estase elaborando no colexio un conto no que participan as nenas e nenos do colexio, relacionado coa proteción do bosque. Cada clase engade un capítulo e os peques de Infantil fan a portada do conto e así vaise facendo pouco a pouco. Cando estea rematado xa o poremos aquí para que o poida ver todo o mundo. De momento avanzámosvos unhas imaxes da súa confeción.
Ademais, deixámosvos aquí un video sobre o tema: