Como sabedes, o luns desta semana tivemos unha xornada especial en torno á "volta ao mundo en 80 días", na que tódolos nenos e nenas de Primaria foron pasando por diferentes países, emulando a viaxe de Phileas Fogg na obra de Julio Verne. Para esta actividade, creamos un blog no que expoñer os lims elaborados polos alumnos/as de 5º e 6º e tamén imaxes da ambientación do colexio sobre este tema, etc. Este é o enlace ao blog VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS:
13/6/13
A volta ao mundo en 80 días
14/5/13
Letras Galegas 2013
Tamén a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recolleu un montón de traballos realizados en centros educativos de toda Galicia, aos que podedes acceder desde o seguinte link: (pincha na imaxe)
26/4/13
Actividades no Día do Libro
Con motivo do DÍA DO LIBRO, este martes tivemos unha xornada moi especial. Dado que na biblioteca estamos a voltas co PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre a auga e que estamos no Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, organizouse unha actividade de experimentos coa auga, que correu a cargo dos nenos e nenas de 3º e 4º curso. Tamén fixemos marcapáxinas, vimos a película "La vuelta al mundo en 80 días", etc. Estas son algunhas imaxes das actividades:
Aquí tedes tamén un lim sobre o Día do Libro:
5/11/12
Actividades no Día das Bibliotecas Escolares
Deixámosvos aquí unhas imaxes das actividades do Día das Bibliotecas Escolares. O primeiro é un vídeo da noria montada na Biblioteca do centro e a continuación unha presentación de fotos con imaxes dese día:
24/10/12
Día das Bibliotecas Escolares
Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Por iso, temos preparado o seguinte programa para esta tarde:
ESPERÁMOSVOS!
24/5/12
Exposición de Xogos do Mundo
Durante esta semana temos na Biblioteca unha exposición de Xogos Populares do Mundo, que consta de libros, xogos, murais, presentacións, etc.
Como hoxe xa pasou algún grupo pola exposición, deixámosvos aquí unhas imaxes da visita, na que podedes ver os materiais expostos:
Unha das cousas máis interesantes da exposición é o libro de Xogos Populares que elaboramos cunha recompilación de xogos feita polos nenos/as e con axuda de pais e avós:
22/5/12
Día das Letras 2012
Con motivo do Día das Letras Galegas, preparamos para o pasado venres uns "talleres" polo centro, co obxecto que coñecerades catro "oficios dos avós e avoas": a veceira, o cesteiro, o carrilano e o afiador. Deixámosvos aquí unhas imaxes dos talleres:

