9/2/12

Ano do Envellecemento Activo e traballo sobre os Xogos Tradicionais

Xa sabedes que o 2012 foi declarado "Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional".
Este é o vídeo promocional:


Con motivo desta declaración, dende o Equipo de Biblioteca pensamos en facer un Proxecto Documental Integrado titulado "Avós e avoas", que comezaría cun traballo sobre os xogos tradicionais. Por elo, para comezar a rodar, elaboramos as fichas de recompilación dos xogos -moitos dos cales xa se perderon- que levástedes a casa recentemente para cubrilas coa axuda de pais e avós.

Recordade que a data de entrega remata o vindeiro 15 de febreiro.

11/1/12

Telexornal de 6º


Os nenos e nenas de sexto A acaban de rematar a primeira entrega do Telexornal.
A idea consiste en gravar e emitir un Telexornal contándonos as novas do cole, e tamén algunhas outras a nivel nacional e internacional.
A primeira edición correu a cargo de sexto A, e a vindeira, que sairá a finais de febreiro, correspóndelle a sexto B.
Nesta primeira edición recollemos as novas máis salientables do primeiro trimestre. A continuación presentámosvos o telexornal xunto cun sumario con todas as novas e o seu correspondente minuto de emisión nos videos:








3/11/11

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas Escolares -que se celebra sempre o cuarto luns de outubro- para facer un acto de inauguración da biblioteca para o curso escolar.
Por tal motivo os alumnos/as de 6º ofrecéronnos unhas "Instruccións para ler un libro" e prepararon tamén unha obra de teatro titulada "Asemblea na carpintería" para que a poideramos disfrutar todos e todas. Aquí tedes algunhas fotos:

10/6/11

Francisco Castro no colexio


¡Por fin! Hoxe tivemos a visita de Francisco Castro que, como sabedes, é o autor de "Chamádeme Simbad", entre outros. Pasamos con el un rato xenial no que nos contou moitas cousas sobre a súa vida, sobre como xurdiron os seus libros, as súas aficións, etc. Trala charla con el, fixémoslle unha serie de agasallos que esperamos lle gustaran: debuxos en relación á súa obra, unha presentación sobre el mesmo, cantigas a cargo do profe Fran, etc.

26/5/11

Contacontos de Sabela Gago

Hoxe tivemos unha sesión de contos maravillosa. De novo estivo con nós Sabela Gago, que veu a contarnos eses contos cos que consigue meternos totalmente no mundo da imaxinación e a fantasía. Como sempre, fíxonos participar a todos facendo xestos, sons, interpretando, ... ¡Que ben o pasamos!

20/5/11

Semana das Letras Galegas

O pasado martes 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano está dedicado a Lois Pereiro. Por este motivo, e aproveitando tamén que estamos no Ano Internacional dos Bosques, quixemos facer unha semana especial en torno aos dous temas. Así, ao longo da semana seguimos preparando murais e outros materiais que xa se comezaran anteriormente e o mércores e xoves dedicámolos integramente a talleres. Nestes talleres aprendimos moitas cousas: o que é a fotosíntexe, a importancia dos bosques, as árbores autóctonas, a vida e obra de Lois Pereiro, etc. Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos:

Taller de Lois Pereiro


Murais:vida e obra de Lois Pereiro



As árbores da nosa vida




Talleres da fotosíntexe, as árbores autóctonas e incendios, tala e desertización



A árbore dos desexos


Contacontos das árbores



Talleres de música e inglés

13/5/11

Para o Día das Letras Galegas

Nestas últimas semanas estamos a elaborar no colexio diferentes actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Lois Pereiro, das que xa vos iremos dando conta. De momento deixámosvos aquí uns enlaces para que vaiades coñecendo a súa biografía e facendo algunha actividade en torno á súa vida e obra.



Actividades Lois Pereiro