31/1/11

Que é para ti a Paz

O pasado venres e con motivo do Día da Paz houbo varias actividades no colexio, entre elas a presentación dun vídeo sobre o que significa a Paz para os nenos e nenas do cole e que podedes ver aquí:

20/1/11

Achégase o 30 de xaneiro: día da Paz

O próximo 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz, como tódolos anos desde 1964. Por elo, para aprender moitas cousas relacionadas con este día, aquí tedes unhas actividades baixo o título "Entre todos construímos a Paz". Pinchando no icono "pantalla" da esquina superior dereita podedes velo a pantalla completa.



Máis cousas: un conto entrañable para ese día (ou para calquera outro):"La ovejita que vino a cenar".



Uns xogos para os máis pequenos:


Máis materiais para traballar sobre a paz:

- Caderno Puca quere saber sobre a Paz, do blog da Biblioteca do CEIP de Cervo.
- Webquest Arte e Paz para 1º Ciclo ,2º Ciclo e 3º Ciclo do CEIP Terra Chá

Outros recursos que atopamos en "O recanto de Mik":

- Recursos para o Día da Paz.

13/1/11

Continúa o concurso de investigación para 5º e 6º de Primaria

A continuación tedes a presentación á que fai referencia o cuestionario que se vos entregou. As pinturas son de Vincent Van Gogh. Pero tamén é necesario saber que música é a que sona de fondo. ¿Seredes capaces de adiviñalo?

9/12/10

2ª fase do Concurso de Investigación

Bueno, rapazas e rapaces de 3º ciclo, o concurso sigue adiante. Noraboa a todos/as os que se esforzaron en atopar as respostas da fase anterior. Sodes uns investigadores de campeonato porque acertástedes a maioría das preguntas, aínda que co autor misterioso houbo máis problemas. Agora xa tedes publicadas as vosas respostas no apartado de Comentarios da entrada anterior. Tamén tedes a puntuación que lle corresponde a cada un no taboleiro de anuncios da biblioteca.

Para esta segunda fase propoñémosvos primeiro un encrucillado.

Para resolvelo, esta vez non hai que contestar aquí no blog senón que debedes ir á biblioteca do cole calquera tarde a partir de hoxe -de 4 a 6- e pedir a folla do encrucillado para resolvela a man. Tedes de prazo ata o 9 de xaneiro,inclusive.
Ademais, en breve poñeremos aquí outra nova pista a resolver, esta vez sí, a través do blog. ¡Estade atentos!

24/11/10

Concurso de investigación (para 5º e 6º nivel)

1ª FASE DO CONCURSO:

O cadro que tes ante ti está considerado como a “MAGNUS OPUS” dun dos pintores máis importantes de todos os tempos.
Averigua:
Nome e apelidos do autor.
Data de nacemento.
Lugar onde naceu.
Nome da “Magnus Opus”.
¿Cal é a traducción exacta de Magnus Opus?
¿Cal é o nome do pobo que se ve no cadro?

Tamén en marzo, pero case que 200 anos antes, nacía outra figura de relevancia mundial no mundo das artes.
Descubre o seu nome:


Para descubrir o nome, e así poder pasar á segunda parte do concurso, deberás resolver as seguintes definicións:

1ª consoante do título dun dos cadros máis famosos do autor, pintado en 1888

1ª vocal da traducción de “Magnus Opus”:

Última consoante do apelido do pintor:

1ª vocal do pobo que aparece no cadro:

Unha das consoantes que se repiten no título do cadro, traducido ao holandés:

Unha das consoantes que se repiten no título do cadro, traducido ao holandés:



1ª consoante do pobo que aparece no cadro:



Segunda letra da traducción de “Magnus opus”:

Última vocal do título do cadro, en holandés:

Letra que está exactamente no medio do nome do pintor:

Última consoante do apelido do pintor:

Tes que dar a resposta a estas preguntas aquí no blog, pinchando en "Comentarios" e poñendo o teu nome e apelidos.
Puntuación:
Respostas correctas antes do 31 Nov.: 5 puntos
Respostas correctas despois do 1 Dec.: 3 puntos

21/5/10

Exposición de caligramas

Como xa vos contabamos días atrás, organizamos no colexio un concurso de caligramas en torno ao Día das Letras Galegas, tomando como referencia a Uxío Novoneyra e o Camiño de Santiago. Cos traballos que fixéstedes temos montada unha exposición na entrada da Biblioteca, que podedes ver cando queirades.


11/5/10

Concurso de caligramas


¿Sabes o que é un caligrama? Pois é moi fácil: colles as palabras dun poema, estíralas un pouco, daslle volta para un lado e volta para o outro, ... e ao final tes un debuxo feito con palabras, ou o que é o mesmo, un poema en forma de debuxo. ¿Quedou claro? Bueno, pois con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS a biblioteca do cole organiza o 1º CONCURSO DE CALIGRAMAS. Como sabedes, o autor homenaxeado este ano é UXÍO NOVONEYRA. Por elo, ofrecémosche a posibilidade de facer un caligrama utilizando un poema deste autor relacionado co Camiño de Santiago, xa que neste curso deunos por facer varias actividades sobre este tema. Así que ánimo, usa a túa imaxinación e convírteo nunha auténtica obra de arte. Podes utilizar a parte que queiras de dito poema, que comeza así:
Pasadas tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluídas as distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela e León.
En pasado Monte Irago
e xa en Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
e nas mesmas portas dela.