24/11/10

Concurso de investigación (para 5º e 6º nivel)

1ª FASE DO CONCURSO:

O cadro que tes ante ti está considerado como a “MAGNUS OPUS” dun dos pintores máis importantes de todos os tempos.
Averigua:
Nome e apelidos do autor.
Data de nacemento.
Lugar onde naceu.
Nome da “Magnus Opus”.
¿Cal é a traducción exacta de Magnus Opus?
¿Cal é o nome do pobo que se ve no cadro?

Tamén en marzo, pero case que 200 anos antes, nacía outra figura de relevancia mundial no mundo das artes.
Descubre o seu nome:


Para descubrir o nome, e así poder pasar á segunda parte do concurso, deberás resolver as seguintes definicións:

1ª consoante do título dun dos cadros máis famosos do autor, pintado en 1888

1ª vocal da traducción de “Magnus Opus”:

Última consoante do apelido do pintor:

1ª vocal do pobo que aparece no cadro:

Unha das consoantes que se repiten no título do cadro, traducido ao holandés:

Unha das consoantes que se repiten no título do cadro, traducido ao holandés:



1ª consoante do pobo que aparece no cadro:



Segunda letra da traducción de “Magnus opus”:

Última vocal do título do cadro, en holandés:

Letra que está exactamente no medio do nome do pintor:

Última consoante do apelido do pintor:

Tes que dar a resposta a estas preguntas aquí no blog, pinchando en "Comentarios" e poñendo o teu nome e apelidos.
Puntuación:
Respostas correctas antes do 31 Nov.: 5 puntos
Respostas correctas despois do 1 Dec.: 3 puntos

21/5/10

Exposición de caligramas

Como xa vos contabamos días atrás, organizamos no colexio un concurso de caligramas en torno ao Día das Letras Galegas, tomando como referencia a Uxío Novoneyra e o Camiño de Santiago. Cos traballos que fixéstedes temos montada unha exposición na entrada da Biblioteca, que podedes ver cando queirades.


11/5/10

Concurso de caligramas


¿Sabes o que é un caligrama? Pois é moi fácil: colles as palabras dun poema, estíralas un pouco, daslle volta para un lado e volta para o outro, ... e ao final tes un debuxo feito con palabras, ou o que é o mesmo, un poema en forma de debuxo. ¿Quedou claro? Bueno, pois con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS a biblioteca do cole organiza o 1º CONCURSO DE CALIGRAMAS. Como sabedes, o autor homenaxeado este ano é UXÍO NOVONEYRA. Por elo, ofrecémosche a posibilidade de facer un caligrama utilizando un poema deste autor relacionado co Camiño de Santiago, xa que neste curso deunos por facer varias actividades sobre este tema. Así que ánimo, usa a túa imaxinación e convírteo nunha auténtica obra de arte. Podes utilizar a parte que queiras de dito poema, que comeza así:
Pasadas tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluídas as distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela e León.
En pasado Monte Irago
e xa en Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
e nas mesmas portas dela.

Exposición de carteis: vida e obra de Uxío Novoneyra

Dende hai uns días, tedes na entrada do colexio unha exposición de carteis sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra, con motivo do próximo Día das Letras Galegas que, como sabedes, é o luns 17 de maio. Estes carteis foron elaborados en tódalas aulas tempo atrás e a verdade e que merece a pena velos. No blog da Biblioteca pensamos que tamén era interesante poñelos aquí para que calquera os poidera ver por internet. Así que aquí está este traballo estupendo:


27/4/10

Contos do Camiño

Como sabedes, recentemente o Equipo de Normalización Lingüistica propuxo facer un conto viaxeiro, motivo polo que nestes últimos días estivemos preparando en tódalas aulas, incluso en E. Infantil, un gran conto (grande polo tamaño e polo interese e dedicación que puxéstedes nel) relacionado co Camiño de Santiago. Cada aula encargouse dun mes e os pequenos fixeron a portada e a contraportada. A verdade é que quedou precioso, ata o punto que decidimos facer unha exposición con el, con motivo tamén do Día do Libro.
Pincha na presentación para ver o conto.

23/4/10

23 de abril, Día do Libro


Chegou o Día do Libro e, naturalmente, preparamos unha serie de actividades para celebralo. Aquí tedes un resumo delas:

Pola mañá, na entrada ao colexio apareceron de súpeto unhas "Damas Misteriosas" que, movéndose polo patio, ían voceando unha serie de frases. As mesmas damas foron despois polas aulas repetindo as frases e anunciando unha actividade na biblioteca.
A media mañá puidemos asistir a unha nova representación de "Gaspar, o pastor de lebres".



Na biblioteca celebrouse un concurso para encontrar as frases das Damas Misteriosas, no que houbo moita algarabía e ilusión e abundantes premios.

22/4/10

Contacontos: Gaspar, o pastor de lebres


Xa chega o Día do Libro, o 23 de abril, como tódolos anos (unha data que algo ten que ver con Cervantes e Shakespeare, ... ¿sabedes o qué?). E por este motivo, hoxe pola tarde imos dedicarlle o contacontos a esta celebración. O conto leva por título "Gaspar, o pastor de lebres". Será ás 4,15 h. no ximnasio, como sempre.

E mañá, o propio Día do Libro, témosvos reservadas algunhas sorpresas. ¡Estade atentos!