18/4/12

23 de abril: Día do Libro


A Bella Durminte vai ao teatro da man do autor José Luis Alonso de Santos. O próximo luns, 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, terémola no colexio nunha obra preparada polos alumnos/as de 6º curso titulada "Besos para la Bella Durmiente", que nos farán pasar un rato divertido a todos. Non volo perdades!

De momento, tamén en relación co Día do libro, deixámosvos aquí un curioso vídeo sobre a última innovación en tecnoloxía educativa ...

9/3/12

Actividades do Día Internacional da Muller

Como pudéstedes comprobar, onte foi un día intenso. Traémosvos aquí unha mostra das diferentes actividades organizadas polo equipo de Biblioteca:

Xogos Populares no patio do colexio:




Baile a cargo dos alumnos/as de 3º ciclo:




Contacontos "A que sabe a Lúa" e "O ratiño presumido", a cargo
dos alumnos de 6º:






Elaboración do Mural do día da Muller a cargo da
Asociación de Mulleres Rurais FEMURO
:


8/3/12

Xornada de xogos populares no Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Coa intención de que non sexa un día máis senón algo especial, quixemos aproveitar esta data para amosarvos tamén algúns dos resultados do traballo sobre xogos populares que estivemos levando a cabo nas últimas semanas.

Temos preparadas varias cousas nas que iredes participando ao longo do día: exposición de traballos, xogos populares no patio, contacontos, etc.

Coa axuda do CEIP de Carnota, deixámosvos aquí tres lims para que xoguedes no cole ou na casa:

Xogos Populares 1
Xogos Populares 2
A buxaina, un xoguete moi bailón.

9/2/12

Ano do Envellecemento Activo e traballo sobre os Xogos Tradicionais

Xa sabedes que o 2012 foi declarado "Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional".
Este é o vídeo promocional:


Con motivo desta declaración, dende o Equipo de Biblioteca pensamos en facer un Proxecto Documental Integrado titulado "Avós e avoas", que comezaría cun traballo sobre os xogos tradicionais. Por elo, para comezar a rodar, elaboramos as fichas de recompilación dos xogos -moitos dos cales xa se perderon- que levástedes a casa recentemente para cubrilas coa axuda de pais e avós.

Recordade que a data de entrega remata o vindeiro 15 de febreiro.

11/1/12

Telexornal de 6º


Os nenos e nenas de sexto A acaban de rematar a primeira entrega do Telexornal.
A idea consiste en gravar e emitir un Telexornal contándonos as novas do cole, e tamén algunhas outras a nivel nacional e internacional.
A primeira edición correu a cargo de sexto A, e a vindeira, que sairá a finais de febreiro, correspóndelle a sexto B.
Nesta primeira edición recollemos as novas máis salientables do primeiro trimestre. A continuación presentámosvos o telexornal xunto cun sumario con todas as novas e o seu correspondente minuto de emisión nos videos:








3/11/11

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas Escolares -que se celebra sempre o cuarto luns de outubro- para facer un acto de inauguración da biblioteca para o curso escolar.
Por tal motivo os alumnos/as de 6º ofrecéronnos unhas "Instruccións para ler un libro" e prepararon tamén unha obra de teatro titulada "Asemblea na carpintería" para que a poideramos disfrutar todos e todas. Aquí tedes algunhas fotos:

10/6/11

Francisco Castro no colexio


¡Por fin! Hoxe tivemos a visita de Francisco Castro que, como sabedes, é o autor de "Chamádeme Simbad", entre outros. Pasamos con el un rato xenial no que nos contou moitas cousas sobre a súa vida, sobre como xurdiron os seus libros, as súas aficións, etc. Trala charla con el, fixémoslle unha serie de agasallos que esperamos lle gustaran: debuxos en relación á súa obra, unha presentación sobre el mesmo, cantigas a cargo do profe Fran, etc.