
¿A quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas? A Ramón Piñeiro, claro, seguro que xa o sabiades. Como tódolos anos, desde 1963, o 17 de maio é o día elixido para homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. ¿E por qué este día en concreto? Pois porque ao mesmo tempo conmemórase a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863.
Ramón Piñeiro (1915-1990), foi unha das figuras históricas do galeguismo do século XX. Tamén foi un dos fundadores da editorial Galaxia e da revista Grial.
A obra de Ramón Piñeiro, máis ben escasa, se centra na filosofía da saudade. En 1985 recibeu a Medalla Castelao.
Como obras destacadas:
- Filosofía da saudade
- Olladas no futuro
- Da miña acordanza. Memorias
- A linguaxe e as linguas
- Olladas no futuro
- Filosofía da saudade
- Galicia
- Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984
Se queredes xogar e aprender un pouco máis da biografía deste escritor, recoméndovos que vaiades a este enlace:
http://cruz-recuncho.nireblog.com/
15/5/09
17 de maio, Día das Letras Galegas
IV Concurso de Contacontos. 2ª fase
Estamos xa na 2ªfase do concurso de contacontos, que se celebrou onte pola tarde. Nesta ocasión tocoulles aos nenos e nenas do 2ºciclo.
14/5/09
Novo número do xornal Xeración do 98, dos alumnos/as de 5º
Acaba de salir un novo exemplar deste xornal e, ao igual que co número anterior, traémolo tamén aquí para que todos vexades o que fixeron estes rapaces e rapazas de 5º nivel tan traballadores. Parabéns polo labor e a seguir adiante!
12/5/09
Correlingua 2009: En galego! Pásao.

Arredor de 45.000 rapazas e rapaces duns 500 centros de ensino de toda Galicia participan na edición 2009 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o 2000 e que este ano consiste en 14 carreiras a prol da lingua que xa se están a celebrar en 14 vilas da nosa Comunidade Autónoma. Os actos comezaron en Vigo e Pontevedra o 5 de maio e rematarán na Coruña o vindeiro día 15. O lema deste ano é: En galego! Pásao.
O noso colexio, como ven facendo desde hai anos, participa tamén nesta actividade. Por este motivo, o pasado venres 8 de maio acudimos á celebración que tivo lugar na Praza Maior de Verín.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 2º recitaron o poema "Vente, rapasa", de Rosalía de Castro, os de 3º nivel fixeron un contacontos titulado "Unha familia de tolos" e os de 6ºcurso recitaron outro poema de Rosalía, "O lugar máis fermoso".
8/5/09
IV Concurso de Contacontos: 1ª fase
Onte comezou o concurso de contacontos, que xa vai pola 4ª edición. Nesta primeira fase actuaron os rapaces e rapazas de 3º ciclo.
4/5/09
Agradecemento de Toleoporler para outros blogs
Como sempre é de agradecer que os demais nos teñan en conta, desde este blog queremos dar as grazas polo premio "Olha que blog Maneiro", que recibimos recentemente, e que nos anima a seguir co noso labor.
Este premio quere dicir, máis ou menos algo así como "mira ti que blog tan chulo". Os que nos premiaron foron:
- O blogue dos alumnos de primeiro ciclo de primaria do colexio "Barrié de la Maza" de Santa Comba
- A "Biblioteca en maiúsculas para xente minúscula"
- Orbil, a mascota de “Orbilmanía”
Esta mención ten as súas normas, que son:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.
Nós pasamos o premio a:
A tartaruga lectora
A Biblioteca do CEIP de Pazos
Bibliotecadocole
Biblioteca Libruxa
O recanto de Mik
Raioteca
Bibliocervo
Biblioteca Castelao
Bibliochispi
A Biblioteca do Rato
24/4/09
¡Inauguramos Cienciópolis! Actividades do día do libro
Onte, 23 de abril e Día do Libro, como xa sabedes, houbo moitos acontecementos no colexio. Ímolos repasar aquí un pouquiño para que quede constancia do traballo que fixemos entre todos e para que podades ver as fotos dos diversos actos, traballos, etc.
En primeiro lugar, temos o concurso de poesía, no que participaron tódolos nenos e nenas de primaria.
I Concurso de Poesía Amaro Refojo
(Pincha no medio para abrir o libro de poemas gañadores)
Outra das actividades foi a "Exposición de libros favoritos" das nenas e nenos do colexio.
Na biblioteca do cole inaugurouse por fin "Cienciópolis", xa que con motivo do ano internacional da astronomía decidimos dedicar este trimestre a todo o relacionado coa ciencia, os inventos, a astronomía, etc.
Como pudéstedes comprobar xa o día anterior, varios "científicos" apareceron polo colexio buscando onde estaba Cienciópolis.
A biblioteca do cole converteuse nunha nave espacial na que todos podedes entrar e pasar un rato entretido lendo libros sobre estes temas.
Pola tarde tivemos un novo contaconto: "A rosa de San Xurxo", a cargo dos alumnos de 5º nivel.
E nada máis, noraboa a todos polo traballo feito e a ilusión posta nel e ¡a seguir lendo e traballando!