
Arredor de 45.000 rapazas e rapaces duns 500 centros de ensino de toda Galicia participan na edición 2009 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o 2000 e que este ano consiste en 14 carreiras a prol da lingua que xa se están a celebrar en 14 vilas da nosa Comunidade Autónoma. Os actos comezaron en Vigo e Pontevedra o 5 de maio e rematarán na Coruña o vindeiro día 15. O lema deste ano é: En galego! Pásao.
O noso colexio, como ven facendo desde hai anos, participa tamén nesta actividade. Por este motivo, o pasado venres 8 de maio acudimos á celebración que tivo lugar na Praza Maior de Verín.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 2º recitaron o poema "Vente, rapasa", de Rosalía de Castro, os de 3º nivel fixeron un contacontos titulado "Unha familia de tolos" e os de 6ºcurso recitaron outro poema de Rosalía, "O lugar máis fermoso".
12/5/09
Correlingua 2009: En galego! Pásao.
8/5/09
IV Concurso de Contacontos: 1ª fase
Onte comezou o concurso de contacontos, que xa vai pola 4ª edición. Nesta primeira fase actuaron os rapaces e rapazas de 3º ciclo.
4/5/09
Agradecemento de Toleoporler para outros blogs
Como sempre é de agradecer que os demais nos teñan en conta, desde este blog queremos dar as grazas polo premio "Olha que blog Maneiro", que recibimos recentemente, e que nos anima a seguir co noso labor.
Este premio quere dicir, máis ou menos algo así como "mira ti que blog tan chulo". Os que nos premiaron foron:
- O blogue dos alumnos de primeiro ciclo de primaria do colexio "Barrié de la Maza" de Santa Comba
- A "Biblioteca en maiúsculas para xente minúscula"
- Orbil, a mascota de “Orbilmanía”
Esta mención ten as súas normas, que son:
- Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Avisar aos indicados.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.
Nós pasamos o premio a:
A tartaruga lectora
A Biblioteca do CEIP de Pazos
Bibliotecadocole
Biblioteca Libruxa
O recanto de Mik
Raioteca
Bibliocervo
Biblioteca Castelao
Bibliochispi
A Biblioteca do Rato
24/4/09
¡Inauguramos Cienciópolis! Actividades do día do libro
Onte, 23 de abril e Día do Libro, como xa sabedes, houbo moitos acontecementos no colexio. Ímolos repasar aquí un pouquiño para que quede constancia do traballo que fixemos entre todos e para que podades ver as fotos dos diversos actos, traballos, etc.
En primeiro lugar, temos o concurso de poesía, no que participaron tódolos nenos e nenas de primaria.
I Concurso de Poesía Amaro Refojo
(Pincha no medio para abrir o libro de poemas gañadores)
Outra das actividades foi a "Exposición de libros favoritos" das nenas e nenos do colexio.
Na biblioteca do cole inaugurouse por fin "Cienciópolis", xa que con motivo do ano internacional da astronomía decidimos dedicar este trimestre a todo o relacionado coa ciencia, os inventos, a astronomía, etc.
Como pudéstedes comprobar xa o día anterior, varios "científicos" apareceron polo colexio buscando onde estaba Cienciópolis.
A biblioteca do cole converteuse nunha nave espacial na que todos podedes entrar e pasar un rato entretido lendo libros sobre estes temas.
Pola tarde tivemos un novo contaconto: "A rosa de San Xurxo", a cargo dos alumnos de 5º nivel.
E nada máis, noraboa a todos polo traballo feito e a ilusión posta nel e ¡a seguir lendo e traballando!
3/4/09
Os alumnos/as de 5º nivel publican un novo número do seu xornal e do suplemento "Xeración do 98"
Desde principio de curso, os alumnos e alumnas de 5º nivel están sacando cada 15 días un exemplar do seu xornal "Xeración do 98". Os do grupo B fan o xornal e os do grupo A o suplemento. Todos están moi ilusionados co traballo e a súa intención é mellorar na práctica diaria. Parabéns aos rapaces/as deste nivel polo esforzo que conleva elaborar estas publicacións.