12/5/14

LETRAS GALEGAS 2014

O CPI Os Dices de Rois preparou un telexornal sobre a figura de Xosé María Díaz Castro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas:

Podedes acceder a máis recursos sobre este autor na web da Coordinadora de EDLG (cadernos de actividades, lim, etc):http://coordinadoraendl.org/letras2014/materiais.html



23/1/14

Coñecendo un pouco a Beethoven

Este curso, estamos traballando desde a biblioteca o mundo da música.
Decidimos empezar por coñecer un pouquiño aos grandes mestres da música clásica, e un deles  é, sen lugar a dúbidas, Ludwig Van Beethoven.
Aquí tedes un Lim sobre algúns aspectos da súa vida e a súa obra.
Xogade co Lim, coñecede un pouquiño mellor a Beethoven, e estade atentos/as ao blogue, porque a primeiros de febreiro haberá un concurso con grandes premios para os/as gañadores/as.

21/11/13

Samaín 2013

O pasado día 30 celebramos unha pequena festa no colexio, con motivo do día do Samaín. Para elo, os rapaces e rapazas de 6º de Primaria prepararon a obra "A lenda de Jack O´Lantern". Ao acabar poidemos saborear un estupendo chocolate con churros por conta do Colexio e da ANPA.
(Pincha na esquina inferior dereita para ver esta presentación a pantalla completa)

13/6/13

A volta ao mundo en 80 días

Como sabedes, o luns desta semana tivemos unha xornada especial en torno á "volta ao mundo en 80 días", na que tódolos nenos e nenas de Primaria foron pasando por diferentes países, emulando a viaxe de Phileas Fogg na obra de Julio Verne. Para esta actividade, creamos un blog no que expoñer os lims elaborados polos alumnos/as de 5º e 6º e tamén imaxes da ambientación do colexio sobre este tema, etc. Este é o enlace ao blog VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS:





14/5/13

Letras Galegas 2013

Nestes días estamos a traballar en torno á figura do dramaturgo ROBERTO VIDAL BOLAÑO, a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas.

Por este motivo, poñémosvos aquí un enlace no que atoparedes moitos materiais como vídeos, materiais fotocopiables, lims, presentacións en power point sobre a súa vida e obra, etc. Os autores son o grupo de traballo deo CEIP "ADR Castelao" de Rianxo. (Pincha na imaxe inferior)

Tamén a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística recolleu un montón de traballos realizados en centros educativos de toda Galicia, aos que podedes acceder desde o seguinte link: (pincha na imaxe)



26/4/13

Actividades no Día do Libro

Con motivo do DÍA DO LIBRO, este martes tivemos unha xornada moi especial. Dado que na biblioteca estamos a voltas co PDI (Proxecto Documental Integrado) sobre a auga e que estamos no Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, organizouse unha actividade de experimentos coa auga, que correu a cargo dos nenos e nenas de 3º e 4º curso. Tamén fixemos marcapáxinas, vimos a película "La vuelta al mundo en 80 días", etc. Estas son algunhas imaxes das actividades:

Aquí tedes tamén un  lim sobre o Día do Libro:


5/11/12

Actividades no Día das Bibliotecas Escolares

Deixámosvos aquí unhas imaxes das actividades do Día das Bibliotecas Escolares. O primeiro é un vídeo da noria montada na Biblioteca do centro e a continuación unha presentación de fotos con imaxes dese día:



24/10/12

Día das Bibliotecas Escolares


Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Por iso, temos preparado o seguinte programa para esta tarde:

16:15h - Contacontos "A viaxe de Tita", no ximnasio
17 a 18h - Actividades na biblioteca e lambetadas


ESPERÁMOSVOS!

24/5/12

Exposición de Xogos do Mundo

Durante esta semana temos na Biblioteca unha exposición de Xogos Populares do Mundo, que consta de libros, xogos, murais, presentacións, etc.
Como hoxe xa pasou algún grupo pola exposición, deixámosvos aquí unhas imaxes da visita, na que podedes ver os materiais expostos:



Unha das cousas máis interesantes da exposición é o libro de Xogos Populares que elaboramos cunha recompilación de xogos feita polos nenos/as e con axuda de pais e avós:



Elaboramos tamén un libro lim sobre os xogos tradicionais galegos. Para facer as actividades a pantalla completa, pincha arriba á dereita (no icono monitor):

22/5/12

Día das Letras 2012

Con motivo do Día das Letras Galegas, preparamos para o pasado venres uns "talleres" polo centro, co obxecto que coñecerades catro "oficios dos avós e avoas": a veceira, o cesteiro, o carrilano e o afiador. Deixámosvos aquí unhas imaxes dos talleres:

15/5/12

Nova entrega do Telexornal

Xa temos aquí a  nova edición do telexornal que realizan os rapaces/as de 6. Nesta ocasión tocoulles aos de 6ºB, que nos presentan as novas das últimas semanas, así como reportaxes, tertulias, etc.
Esperamos que vos guste.






8/5/12

Teatro: Besos para la Bella Durmiente

Poñémosvos aquí o vídeo da obra de teatro que representaron os compañeiros/as de 6ºA hai uns días, Besos para la Bella Durmiente  (enlace non permanente para ver ou descargar).


(clic na imaxe)

18/4/12

23 de abril: Día do Libro


A Bella Durminte vai ao teatro da man do autor José Luis Alonso de Santos. O próximo luns, 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, terémola no colexio nunha obra preparada polos alumnos/as de 6º curso titulada "Besos para la Bella Durmiente", que nos farán pasar un rato divertido a todos. Non volo perdades!

De momento, tamén en relación co Día do libro, deixámosvos aquí un curioso vídeo sobre a última innovación en tecnoloxía educativa ...

9/3/12

Actividades do Día Internacional da Muller

Como pudéstedes comprobar, onte foi un día intenso. Traémosvos aquí unha mostra das diferentes actividades organizadas polo equipo de Biblioteca:

Xogos Populares no patio do colexio:




Baile a cargo dos alumnos/as de 3º ciclo:




Contacontos "A que sabe a Lúa" e "O ratiño presumido", a cargo
dos alumnos de 6º:






Elaboración do Mural do día da Muller a cargo da
Asociación de Mulleres Rurais FEMURO
:


8/3/12

Xornada de xogos populares no Día Internacional da Muller

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Coa intención de que non sexa un día máis senón algo especial, quixemos aproveitar esta data para amosarvos tamén algúns dos resultados do traballo sobre xogos populares que estivemos levando a cabo nas últimas semanas.

Temos preparadas varias cousas nas que iredes participando ao longo do día: exposición de traballos, xogos populares no patio, contacontos, etc.

Coa axuda do CEIP de Carnota, deixámosvos aquí tres lims para que xoguedes no cole ou na casa:

Xogos Populares 1
Xogos Populares 2
A buxaina, un xoguete moi bailón.

9/2/12

Ano do Envellecemento Activo e traballo sobre os Xogos Tradicionais

Xa sabedes que o 2012 foi declarado "Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional".
Este é o vídeo promocional:


Con motivo desta declaración, dende o Equipo de Biblioteca pensamos en facer un Proxecto Documental Integrado titulado "Avós e avoas", que comezaría cun traballo sobre os xogos tradicionais. Por elo, para comezar a rodar, elaboramos as fichas de recompilación dos xogos -moitos dos cales xa se perderon- que levástedes a casa recentemente para cubrilas coa axuda de pais e avós.

Recordade que a data de entrega remata o vindeiro 15 de febreiro.

11/1/12

Telexornal de 6º


Os nenos e nenas de sexto A acaban de rematar a primeira entrega do Telexornal.
A idea consiste en gravar e emitir un Telexornal contándonos as novas do cole, e tamén algunhas outras a nivel nacional e internacional.
A primeira edición correu a cargo de sexto A, e a vindeira, que sairá a finais de febreiro, correspóndelle a sexto B.
Nesta primeira edición recollemos as novas máis salientables do primeiro trimestre. A continuación presentámosvos o telexornal xunto cun sumario con todas as novas e o seu correspondente minuto de emisión nos videos:








3/11/11

Día Internacional das Bibliotecas Escolares

No noso centro aproveitamos o Día das Bibliotecas Escolares -que se celebra sempre o cuarto luns de outubro- para facer un acto de inauguración da biblioteca para o curso escolar.
Por tal motivo os alumnos/as de 6º ofrecéronnos unhas "Instruccións para ler un libro" e prepararon tamén unha obra de teatro titulada "Asemblea na carpintería" para que a poideramos disfrutar todos e todas. Aquí tedes algunhas fotos:

10/6/11

Francisco Castro no colexio


¡Por fin! Hoxe tivemos a visita de Francisco Castro que, como sabedes, é o autor de "Chamádeme Simbad", entre outros. Pasamos con el un rato xenial no que nos contou moitas cousas sobre a súa vida, sobre como xurdiron os seus libros, as súas aficións, etc. Trala charla con el, fixémoslle unha serie de agasallos que esperamos lle gustaran: debuxos en relación á súa obra, unha presentación sobre el mesmo, cantigas a cargo do profe Fran, etc.

26/5/11

Contacontos de Sabela Gago

Hoxe tivemos unha sesión de contos maravillosa. De novo estivo con nós Sabela Gago, que veu a contarnos eses contos cos que consigue meternos totalmente no mundo da imaxinación e a fantasía. Como sempre, fíxonos participar a todos facendo xestos, sons, interpretando, ... ¡Que ben o pasamos!