Deixámosvos aquí unhas imaxes das actividades do Día das Bibliotecas Escolares. O primeiro é un vídeo da noria montada na Biblioteca do centro e a continuación unha presentación de fotos con imaxes dese día:
5/11/12
Actividades no Día das Bibliotecas Escolares
24/10/12
Día das Bibliotecas Escolares
Hoxe, 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Por iso, temos preparado o seguinte programa para esta tarde:
ESPERÁMOSVOS!
24/5/12
Exposición de Xogos do Mundo
Durante esta semana temos na Biblioteca unha exposición de Xogos Populares do Mundo, que consta de libros, xogos, murais, presentacións, etc.
Como hoxe xa pasou algún grupo pola exposición, deixámosvos aquí unhas imaxes da visita, na que podedes ver os materiais expostos:
22/5/12
Día das Letras 2012
Con motivo do Día das Letras Galegas, preparamos para o pasado venres uns "talleres" polo centro, co obxecto que coñecerades catro "oficios dos avós e avoas": a veceira, o cesteiro, o carrilano e o afiador. Deixámosvos aquí unhas imaxes dos talleres:
15/5/12
Nova entrega do Telexornal
Xa temos aquí a nova edición do telexornal que realizan os rapaces/as de 6. Nesta ocasión tocoulles aos de 6ºB, que nos presentan as novas das últimas semanas, así como reportaxes, tertulias, etc.
Esperamos que vos guste.
8/5/12
Teatro: Besos para la Bella Durmiente
Poñémosvos aquí o vídeo da obra de teatro que representaron os compañeiros/as de 6ºA hai uns días, Besos para la Bella Durmiente (enlace non permanente para ver ou descargar).
18/4/12
23 de abril: Día do Libro
A Bella Durminte vai ao teatro da man do autor José Luis Alonso de Santos. O próximo luns, 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro, terémola no colexio nunha obra preparada polos alumnos/as de 6º curso titulada "Besos para la Bella Durmiente", que nos farán pasar un rato divertido a todos. Non volo perdades!
De momento, tamén en relación co Día do libro, deixámosvos aquí un curioso vídeo sobre a última innovación en tecnoloxía educativa ...
9/3/12
Actividades do Día Internacional da Muller
Como pudéstedes comprobar, onte foi un día intenso. Traémosvos aquí unha mostra das diferentes actividades organizadas polo equipo de Biblioteca:
Baile a cargo dos alumnos/as de 3º ciclo:
Contacontos "A que sabe a Lúa" e "O ratiño presumido", a cargo
dos alumnos de 6º:
Asociación de Mulleres Rurais FEMURO:
8/3/12
Xornada de xogos populares no Día Internacional da Muller
Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Coa intención de que non sexa un día máis senón algo especial, quixemos aproveitar esta data para amosarvos tamén algúns dos resultados do traballo sobre xogos populares que estivemos levando a cabo nas últimas semanas.
Temos preparadas varias cousas nas que iredes participando ao longo do día: exposición de traballos, xogos populares no patio, contacontos, etc.
Coa axuda do CEIP de Carnota, deixámosvos aquí tres lims para que xoguedes no cole ou na casa:
Xogos Populares 1
Xogos Populares 2
A buxaina, un xoguete moi bailón.
9/2/12
Ano do Envellecemento Activo e traballo sobre os Xogos Tradicionais
Xa sabedes que o 2012 foi declarado "Ano Europeo do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional".
Este é o vídeo promocional:
Con motivo desta declaración, dende o Equipo de Biblioteca pensamos en facer un Proxecto Documental Integrado titulado "Avós e avoas", que comezaría cun traballo sobre os xogos tradicionais. Por elo, para comezar a rodar, elaboramos as fichas de recompilación dos xogos -moitos dos cales xa se perderon- que levástedes a casa recentemente para cubrilas coa axuda de pais e avós.
Recordade que a data de entrega remata o vindeiro 15 de febreiro.
11/1/12
Telexornal de 6º
Os nenos e nenas de sexto A acaban de rematar a primeira entrega do Telexornal.
A idea consiste en gravar e emitir un Telexornal contándonos as novas do cole, e tamén algunhas outras a nivel nacional e internacional.
A primeira edición correu a cargo de sexto A, e a vindeira, que sairá a finais de febreiro, correspóndelle a sexto B.
Nesta primeira edición recollemos as novas máis salientables do primeiro trimestre. A continuación presentámosvos o telexornal xunto cun sumario con todas as novas e o seu correspondente minuto de emisión nos videos: