12/5/09

Correlingua 2009: En galego! Pásao.


Arredor de 45.000 rapazas e rapaces duns 500 centros de ensino de toda Galicia participan na edición 2009 do Correlingua, unha actividade que se celebra de xeito regular desde o 2000 e que este ano consiste en 14 carreiras a prol da lingua que xa se están a celebrar en 14 vilas da nosa Comunidade Autónoma. Os actos comezaron en Vigo e Pontevedra o 5 de maio e rematarán na Coruña o vindeiro día 15. O lema deste ano é: En galego! Pásao.
O noso colexio, como ven facendo desde hai anos, participa tamén nesta actividade. Por este motivo, o pasado venres 8 de maio acudimos á celebración que tivo lugar na Praza Maior de Verín.
Nesta ocasión os nenos e nenas de 2º recitaron o poema "Vente, rapasa", de Rosalía de Castro, os de 3º nivel fixeron un contacontos titulado "Unha familia de tolos" e os de 6ºcurso recitaron outro poema de Rosalía, "O lugar máis fermoso".


0 comentarios: