16/5/08

Letras Galegas 2008


Como sabedes, mañá sabado é o Día das Letras Galegas. Esta data vense celebrando desde o 17 de maio do ano 1963 porque nese día conmemorouse o centenario da publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares galegos" e foi entón cando se decidiu que a Real Academia Galega escoller un autor galego para homenaxealo na mesma data tódolos anos.
No colexio, desde hai tempo, estamos facendo actividades relacionadas co día das Letras, que este ano se lle dedica a Xosé María Álvarez Blázquez.
Presentámosvos aquí unha pequena mostra dalgúns destes traballos.

En primeiro lugar tedes o mural que prepararon en 6º, no que aparece como centro o galego en forma de sol irradiando a súa enerxía en tódalas facetas da nosa vida.
Este é outro dos traballos de 6º, no que se expoñen os autores aos que se dedicou este Día das Letras desde o seu inicio.

Tamén os de 3º fixeron estes murais:


A semana que ven imos continuar preparando cousas para esta conmemoración e especialmente para o festival que celebraremos o xoves. Estade atentos porque aquí tamén daremos conta delo.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

eu vou facer unha representacion de nu poema moi bonito como o son todos e espero ke nos salga todo ben un saludo

Anónimo dijo...

A min gustame facer poemas e penso facer un

Anónimo dijo...

O día das Letras Galegas gustoume moito.

Anónimo dijo...

ten merito e gustoume moito

Anónimo dijo...

Gustame o día das Letras Galegas
porque todos facemos cousas e
dirbertimonos.


DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

son todos moi bonitos pero o que mais me gustou foi o de terceiro B.

Anónimo dijo...

estubo moi ben e aparte saian amigos meusdou a enora boa