29/4/11

Mochilas viaxeiras


Desde hai algunhas semanas, os nenos e nenas do cole están a levar para casa as chamadas "mochilas viaxeiras", e por iso queremos tamén facer referencia aquí no blog.
Esta actividade, promovida pola Biblioteca do cole, pretende unha maior implicación familiar no proceso lector do alumnado dende unha perspectiva lúdica e novidosa: sacar a Biblioteca fóra do Centro e levala ata os fogares.
Puxemos as nosas mellores intencións na selección dos libros, dvds, cómics, etc., que van dentro da mochila e lévanse para casa o venres, téndose que devolver o xoves seguinte para que sigan "viaxando" por outras familias.
Acompañan a estes materiais unha carta dirixida ás familias convidándoas a participar na actividade, o caderno viaxeiro cunha nota explicativa da súa finalidade, un díptico coas instruccións de uso da mochila e un listado dos materiais incluidos.
Pedimos a importantísima colaboración da familia nesta actividade: contándolles os contos ós máis pequenos,axudándolles no seu correcto coidado e manipulación, escoitando as músicas ou vendo os vídeos con eles e devolvéndoas na data indicada na propia mochila .

0 comentarios: