11/5/10

Concurso de caligramas


¿Sabes o que é un caligrama? Pois é moi fácil: colles as palabras dun poema, estíralas un pouco, daslle volta para un lado e volta para o outro, ... e ao final tes un debuxo feito con palabras, ou o que é o mesmo, un poema en forma de debuxo. ¿Quedou claro? Bueno, pois con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS a biblioteca do cole organiza o 1º CONCURSO DE CALIGRAMAS. Como sabedes, o autor homenaxeado este ano é UXÍO NOVONEYRA. Por elo, ofrecémosche a posibilidade de facer un caligrama utilizando un poema deste autor relacionado co Camiño de Santiago, xa que neste curso deunos por facer varias actividades sobre este tema. Así que ánimo, usa a túa imaxinación e convírteo nunha auténtica obra de arte. Podes utilizar a parte que queiras de dito poema, que comeza así:
Pasadas tódalas Francias
por Ocitania ou Gascuña
ou de París a Iruña
xa diluídas as distancias.
A Aragón por Cataluña
ou polo Norte por Son.
En pasádalas Navarras
as cadeas e as barras.
Pasados León e Castela
por Castela e León.
En pasado Monte Irago
e xa en Lingua de Galicia
Ponferrada e Vilafranca
deixando a chaira estanca
e nas mesmas portas dela.

0 comentarios: