24/4/09

¡Inauguramos Cienciópolis! Actividades do día do libro

Onte, 23 de abril e Día do Libro, como xa sabedes, houbo moitos acontecementos no colexio. Ímolos repasar aquí un pouquiño para que quede constancia do traballo que fixemos entre todos e para que podades ver as fotos dos diversos actos, traballos, etc.
En primeiro lugar, temos o concurso de poesía, no que participaron tódolos nenos e nenas de primaria.
I Concurso de Poesía Amaro Refojo



(Pincha no medio para abrir o libro de poemas gañadores)

Outra das actividades foi a "Exposición de libros favoritos" das nenas e nenos do colexio.


Na biblioteca do cole inaugurouse por fin "Cienciópolis", xa que con motivo do ano internacional da astronomía decidimos dedicar este trimestre a todo o relacionado coa ciencia, os inventos, a astronomía, etc.
Como pudéstedes comprobar xa o día anterior, varios "científicos" apareceron polo colexio buscando onde estaba Cienciópolis.
A biblioteca do cole converteuse nunha nave espacial na que todos podedes entrar e pasar un rato entretido lendo libros sobre estes temas.


Pola tarde tivemos un novo contaconto: "A rosa de San Xurxo", a cargo dos alumnos de 5º nivel.


E nada máis, noraboa a todos polo traballo feito e a ilusión posta nel e ¡a seguir lendo e traballando!

0 comentarios: